
Parabéns para ti, parabéns para tiiiiii....10 anos de vida!! A Biblioteca do Alto cumpre hoxe 10 anos!!
Para os despistados e despistadas, a Biblioteca do Alto, está no barrio do Alto, na rúa 25 de xullo. Este edificio foi inaugurado hai 10 anos, coincidinco na data co Día do Libro. Pero a historia da Biblioteca Municipal de Narón, remóntase ao ano 1986, cando foi aberta na súa primeira ubicación na Casa da Cultura. 17 anos máis tarde, ¡en plena adolescencia!, foi trasladada á súa nova sede: ese edificio circular tan característico.
A Biblioteca do Alto en cifras
- Xa por aquel entón, esta entidade contaba con 8860 soci@s. Hoxe en día, conta case co doble de socios, ascendendo a cifra a 14617 persoas.
- Nos últimos 10 anos, a Biblioteca Municipal creceu en 5757 soci@s, cun incremento de 575 soci@s ao ano.
- A media de usuarios atendidos durante o día é de 207 persoas. No ano 2003 atendíanse 120 de media.
- O número de préstamos anuais no 2012 foi de 19431 volumes. No 2003, hai 10 anos, prestáronse case a metade de libros: 12204 volumes.
A Biblioteca anda a todo trapo!
O cumpreanos
- A Biblioteca Municipal, dependente da Concellería de Educación, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, organizou unha sesión de contacontos a cargo de Pedro Brandariz (http://www.blogoteca.com/pedrobrandariz/). Cando? Hoxe, día 23. Hora? Ás 18:00, cunha duración aproximada dunha hora. Pode ir calquera? Si, pero tedes que reservar praza antes na Biblio.
- Despois desta actividade, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Educación, María del Carmen Espada, visitarán as instalacións para coñecer as últimas novedades bibliográficas
Os horarios da Biblioteca
Cando abre a Biblioteca? A Biblioteca Municipal do Alto (http://biblioteca.naron.es) ten o seguinte horario:
- luns a venres de 9:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 21:00 horas,
- os sábados de 10:00 a 13:00 horas.
Servizos
Neste edificio, podedes dispor dos seguintes servizos:
- Lectura en sala
- Préstamo a domicilio
- Información bibliográfica
- Boletín de novidades
- Solicitude de adquisicións
- Formación de usuarios
- Sección local
- Hemeroteca (Que é eso de hemeroteca? revistas e prensa)
- Sección infantil e xuvenil
- Acceso a Internet
- Actividades culturais
- Servizo de orientación ás familias
Sobre o Servizo de Orientación ás Familias
Comezou a funcionar en outubro do 2012, e xa ten 71 familias inscritas. Parece unha boa idea!! Estas familias reciben periódicamente información sobre as novidades infantís destacadas, e sobre as actividades de animación á lectura. Ademáis hai 60 persoas suscritas ao boletín de novidades, aínda que a súa consulta se pode facer directamente dende Internet.