Ao longo deste apartado poderás informarte do que é o sistema educativo estatal e os diferentes estudos que o engloban para así decantar a túa formación en función das túas inquedanzas, gustos e preferencias porque seguro que algunha cousa che interesa máis que outra…
Para que te fagas unha idea a nivel xeral a estrutura sería a seguinte:
ESTRUTURA DO SISTEMA EDUCATIVO
- Educación básica: comprende a educación primaria e a educación secundaria obrigatoria.
- Educación secundaria: divídese en educación secundaria obrigatoria e educación postobrigatoria.
- A Educación Secundaria Postobrigatoria: está conformada polo bacharelato, a formación profesional de grao medio, as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio e as ensinanzas deportivas de grao medio.
- A Educación Superior: está conformada pola ensinanza universitaria, as ensinanzas artísticas superiores, a formación profesional de grao superior, as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior e as ensinanzas deportivas de grao superior.
- As Ensinanzas de Réxime xeral: están constituídas polas ensinanzas de idiomas, as artísticas e as deportivas.