NOVAS

13º Foundation Reggae Festival: o son rastafari chega ao Paseo de Xuvia

Publicado o 07 de Agosto de 2013

Rastafaris e amig@s de Dameuntoke!

Tedes unha cita en Xuvia os vindeiros 23 e 24 de agosto na 13ª edición do "Foundation Reggae Festival".

Este festival está organizado pola asociación coruñesa Negus e polo Concello de Narón e será a primeira vez que a bisbarra de Ferrolterra acolla un festival musical deste tipo, tal e como declararon dende esta organización, que xa se reuniron co Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e outros membros do Concello, para traballar nos diferentes aspectos deste festival.

En edicións anteriores, algúns de vós o lembraredes, este festival se tivo a súa sede en Culleredo, no seu paseo marítimo, e no Coliseo de A Coruña. O motico deste traslado? Os organizadores buscaban algo máis, un espazo aberto nun entorno privilexiado como son as ribeiras do río Xuvia, onde os participantes van poder disfrutar da natureza e do medio ambiente, ademáis de escoitar moi boa música reggae.

O "Foundation Reggae Festival" vaise desenvolver de forma anual durante os vindeiros tres anos, no Paseo Marítimo de Xuvia e con entrada libre. Temos reggae para rato en Narón! E enerxía para bailar tamén, non si?

A edición deste ano vai contar con bandas galegas e estatais de diferentes estilos musicais: Reggae, Ska e World Music!

Cal é o obxectivo deste festival? Vai máis alá do pracer auditivo e de abanear o corpo ao ritmo da música. Búscase promover e difundir a cultura nun sentido máis amplo, ofrecendo espazo a artesanía, á pintura, á danza e á música.

Os máis pequen@s seguidor@s de Dameuntoke tamén ides poder asistir e pasalo ben nos diferentes obradoiros para nen@s que se van desenvolver en paralelo.

Haberá outras actividades: xogos, unha feira de artesanía e mercadillos coas que tod@s pasaremos dous días 100% activos!

Se queredes consultar máis información sobre este festival, podedes consultar a súa web: www.foundationreggaefestival.org

Kedamos? Dameuntoke e baixo!