O Pavillón Polideportivo de A Gándara acollerá este domingo 29 de xaneiro o 14º Trofeo de Judo ‘Cidade de Narón’ no que participarán 148 judokas (105 na categoría masculina e 48 na categoría feminina) nas categorías sub 17, sub 18 e sub 20. O Trofeo está organizado pola Federación Galega de Judo baixo o patrocinio do Concello de Narón.
Unha nova cita en Narón para os amantes do deporte. O Pavillón Polideportivo de A Gándara acollerá este domingo 29 de xaneiro o 14º Trofeo de Judo ‘Cidade de Narón’ no que participarán 148 judokas (105 na categoría masculina e 48 na categoría feminina) nas categorías sub 17, sub 18 e sub 20. O Trofeo está organizado pola Federación Galega de Judo baixo o patrocinio do Concello de Narón.
Este campionato encádrase no convenio de colaboración iniciado fai catorce anos entre a Federación Galega de Judo e o Concello de Narón, para consolidar, difundir e promocionar este deporte. Con este obxetivo se celebrará o Campionato Galego Sub 20, no que participarán os mellores judokas de Galicia desta categoría junior.
Actualmente, o judo en Galicia ten acadado un elevado nivel xa que conta nos últimos anos cunha medalla de ouro, unha medalla de prata e dous de bronce nos Campionatos de Europa, e unha medalla de bronce no Campionato do Mundo. Ademáis, téñense acadado 15 medallas nos anos 2010 e 2011 na Fase Final do Campionato de España, e 7 títulos nacionais por parte dos judokas galegos.
Este campionato ademáis é clasificatorio para os judokas galegos de cara á súa participación no Sector Nacional Oeste do Campionato de España Junior, que terá lugar os días 1 e 2 de abril en Castilla León.
O torneo disputarase en horario de 12:30 a 13:30 (pesada), 15:30 (reunión de árbitros) e a partir das 16:30 horas (eliminatorias e repescas). Ás 19:00 horas disputaranse as finais e ás 19:30 a entrega de trofeos e clausura.
Ambito técnico deportivo
Idades: nados nos anos 1993-1994-1995-1996.
Grado: mínimo cinto marrón.
Judogui: imprescindible judogui azul e branco.
Pesos: Masculino 55, 60, 66, 73, 81, 90, 100 e máis de 100 kgs.
Feminino 44, 48, 52, 57, 63, 70, 78, e máis de 78 kgs.
Documentación: DNI (orixinal) e carné de graos.
Competición: catro tatamis regulamentarios.
Sistema: eliminatoria directa con repesca simple.
Tempos: combates a 4 minutos.