NOVAS

17ª Edición das Lendas da Pena Molexa: 6, 12 e 21 de xuño

Publicado o 30 de Maio de 2014

A parroquia de O Val acollerá nos vindeiros días a 17ª edición das Lendas da Pena Molexa, non a podemos perder!

Que actividades se van a desenvolver?

Venres 6 de xuño:

  • ás 18:30 horas: Charla-coloquio na Capela de Santa Margarida: Santa Margarida, Memoria Viva do Val” e impartida polo técnico do Padroado de Cultura Daniel Cánovas. 
  • A continuación, se desenvolverá un concerto a cargo da Escola Cultural Municipal de Zanfona. 

 

Xoves 12 de xuño: 

  • ás 22:30 horas: Andaina nocturna sosticial dende o Convento de Baltar ata a Pena Molexa, percorrendo toda esta distancia con fachos de lume e descubrindo o patrimonio arqueolóxico ó seu paso.

 

Sábado 21 de xuño, no lugar de Vilasuso (O Val): 

  • Ás 17:30 horas: Xogos populares (carreiras de sacos, tiro de corda e cortado de troncos) e deporte rural.
  • Ás 20:30 horas: Actuación do Grupo de Gaitas do Padroado de Cultura do Concello de Narón.
  • Ás 21:00 horas: Churrascada popular con: Churrasco Molexo e Bocata Lopeso.
  • Ás 22:30 horas: Actuación de Música Folk a cargo do grupo Chiculate.
  • Ás 00:00 horas: Representación das Lendas da Pena Molexa, a cargo do Grupo de teatro de Maiores de O Val, e de veciños/as desta parroquia.
  • Ás 00:30  horas: Lumeirada e actuacion do Dúo Boreal.

 

Concurso de fotografía "Parroquia do Val"

Pero non queda aí a cousa! Abriuse o prazo para participar no 2º Concurso de Fotografía "Parroquia do Val", convocado para mostrar a riqueza desta parroquia, tanto no seu patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais ou festas populares.

Sabemos que hai moita xente con cámara en Narón que fai unhas fotos moi chulas, tedes que participar! 

O prazo de presentación das fotografías finalizará ás 13:30 horas do día 16 de xuño.

Os participantes poderán achegar un máximo de 3 fotografías inéditas (en branco e negro, ou en cor) no local da Fundación Terra de Trasancos-Cooperativa de O Val.