Hoxe é o 23 de novembro! E que ten de especial este día? Pois que é o Día de Narón!
As actividades previstas para hoxe desenvolveranse desde as 11:00 horas baixo unha carpa instalada na Praza de Galicia, e son as seguintes:
- Exposicións de traballos realizados ao longo do ano de actividades desenvolvidas polas asociacións de veciños e veciñas.
- Degustación gastronómica de lacón e liscos, de balde!
- Magosto popular.
Ademais hai varios inchables para @s máis peques da casa, que tamén terán a oportunidade de participar nos obradoiros que se van desenvolver ao longo da tarde na Praza de Galicia.
- E para @s máis parrandeir@s...a xornada estará amenizada por un grupo musical.