Estamos de festa, hoxe é 23 de novembro: festivo local. Dende o ano 1993 vense conmemorando a data da primeira acta oficial na que aparece o nome de Narón: 23 de novembro do ano 1837.
Estamos de festa, hoxe é 23 de novembro: festivo local. Dende o ano 1993 vense conmemorando a data da primeira acta oficial na que aparece o nome de Narón: 23 de novembro do ano 1837.
Filloas, fotos e chourizos...que teñen que ver? Se vos gustan todas esas cousas, ou algunha delas, hoxe é un día perfecto. Achegádevos á Praza de Galicia e disfrutaredes dunha xornada con actividades variadas.
Fotos na rúa? Si, pois as actividades que inclúen unha exposición fotográfica de 11 obras financiadas con fondos FEDER da Unión Europea, e executadas durante o período 2007/2011 en Narón. Son fotos en cor de gran formato que se corresponden coas seguintes obras:
- Rehabilitación e acondicionamento do parque forestal do Couto.
- Rehabilitación forestal da ribeira de Xuvia na ría.
- Paso inferior á vía de FEVE na rúa Virxe de Covadonga.
- Paso superior á vía de FEVE en Santa Icía.
- Instalación fotovoltaica e solar térmica na Casa do Concello.
- Instalación solar térmica no edificio de aulas do Pazo da Cultura.
- Edificio de aula rural en complexo Aldea Nova.
- Escola Infantil en Xuvia (San Xiao).
- Pavillón polideportivo cuberto en Santa Icía.
- Reforma da ponte sobre o río Freixeiro, na Estrada Miguel de Cervantes.
- Instalación e infraestructura de rede internet inalámbrica en zonas rurais de Doso.
Cando chegan as filloas e os chourizos? Ao longo de todo o día, na mesma praza, en horario de 12 a 14 e de 16 a 19 horas poderedes degustar estes productos de xeito gratuito.
E como en toda boa festa galega, non van faltar as gaitas. Nesta ocasión acompañarannos os gaiteiros e gaiteiras do Padroado de Cultura de Narón.