Máis axudas?
Pois si! Desta volta hai 236 axudas para Estados Unidos ou Canadá, que vos parece a idea?
As axudas son para exercer como profesores visitantes en centros escolares de Ensinanza Primaria e Secundaria durante o curso académico 2013-14.
Piden como requisitos:
- ter a nacionalidade española
- dominar o inglés, oral e escrito
- non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio da docencia
- estar titulado como mestre/a ou ter unha licenciatura ou Grao
Ata cando podedes solicitar estas axudas? O prazo para solicitar algunha destas axudas remata o 19 de xaneiro do 2013
É interesante, non si? Necesitades máis información? Pois a podedes atopar no BOE do 19 de decembro de 2012 e en:
www.educacion.es/educacion/actividad-internacional
Vémonos en California? Let´s go!