NOVAS

25 alumn@s de Educación Primaria do Colexio de O Feal visitan o Concello de Narón e charlan co Alcalde

Publicado o 13 de Marzo de 2014

Hoxe estiveron polo Concello de Narón 25 alumn@s de 6º de Educación Primaria do Centro Público Integrado (CPI) O Feal.

Hoxe estiveron polo Concello de Narón 25 alumn@s de 6º de Educación Primaria do Centro Público Integrado (CPI) O Feal.

Estiveron visitándoo para coñecer as distintas dependencias municipais e os servizos que alí se prestan á cidadanía, acompañados por dous profesores tomaron boa nota das explicacións que lles ofreceu o persoal que traballa na administración local

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiunos no Salón de Plenos, onde lles explicou o funcionamento dos órganos de goberno. Alí mesmo respondeu ás preguntas que lle fixeron os rapaces e rapazas, na maioría en relación co seu cargo de rexedor. O Alcalde, explicoulles que ocupar ese posto supón  “unha gran ledicia pero tamén unha enorme responsabilidade” que leva exercendo dende xaneiro do 2009.

Outra das curiosidades á que respondeu foi a relacionada coa súa entrada en política, no ano 1983. “Vos aínda non habíades nacido porque sodes moi novos pero dado que nesa época había moitas necesidades por realizar, entrei primeiro na asociación de veciños de A Gándara, e de aí me propuxeron ir nunha lista electoral, e ata hoxe. Actualmente son o concelleiro que máis anos levo en Narón” lembrou José Manuel Blanco.

Sobre o seu futuro na política, o Alcalde revelou que a súa intención é presentarse ás vindeiras eleccións municipais do ano 2015 “e posiblemente sexa a última lexislatura, porque hai que deixar paso á xente nova”.