O IV Concurso de Fotografía "Concello de Narón" ten xa gañadores.
O xurado estivo composto por:
- o fotoxornalista de El Correo Gallego Kiko Delgado,
- o director de Cadena Dial Rías Altas Alfonso López,
- o técnico de Información e Comunicación do Concello de Narón Manuel Rodríguez,
- a responsable de Prensa do Concello de Narón María Luaces,
- e a Concelleira de Turismo de Narón María Rodríguez Porto
Este xurado escolleu os tres primeros premios entre máis de 150 imaxes participantes. Estes artistas foron os vencedores:
- 1º premio: Jose Luis Botana Pérez (Ferrol) “Lumpau”. Imaxe premiada: Vestíbulo do Pazo da Cultura. Premio: 750€
- 2º premio: José Manuel Ferreiro Otero (Narón) “Garceta”. Imaxe premiada: Muiño das Aceñas. Premio: 300€
- 3º premio: Juan Luis Rúa Prieto (A Coruña) “Uxío”. Imaxe premiada: Praia de O Casal. Premio: 150€
Ademais o Xurado seleccionou 10 fotografías a maiores que son as que compondrán o calendario do ano 2014, que editará a Concellería de Turismo e que estará a disposición dos vecinos de Narón a partires de xaneiro, no Rexistro Xeral do Concello. Entregarase de xeito gratuito.
Lembrades? O IV Concurso de Fotografía "Concello de Narón" tiña como obxectivo amosar a riqueza de Narón tanto en patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais, tecnolóxicos ou festas populares. As fotografias presentadas ao certame respetaron estas temáticas na súa maioría, recollendo lugares de interese coma a Ponte de Xuvia, os muiños, o Río Xuvia, e celebracións tradicionais coma a recreación das Lendas da Pena Molexa ou o Oenach Atlántico.
A fotografía que acompaña esta nova é a que recibíu o primeiro premio, gústavos?