O Concello de Narón organizará o venres 6 de xuño a 7ª Marcha Ciclista Escolar, que partirá ás 10:00 horas da rotonda situada fronte ó Hipermercado Alcampo.
Cal será o percorrido? Dende a Estrada de Castela ata chegar ó Paseo Marítimo de Xuvia. Para regular o operativo de tráfico, cóntase coa axuda da Policía Local de Narón e do Moto Club Fojeteiros.
O evento deportivo foi presentado o pasado xoves 4 de xuño en rolda de prensa polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, xunto ó Xefe da Policía Local, Eduardo Pita, e o Equipo de Educación Viaria do Concello (Pedro Caneiro e Simón Cabarcos), quen organiza a Marcha Ciclista en colaboración coas ANPAS.
A relación dos colexios participantes é a seguinte:
- CEIP A Solaina.
- CEIP Virxe do Mar.
- CPR Santiago Apóstol.
- CPI O Feal.
- CEIP A Gándara.
- CEIP Piñeiros.
- CEIP Jorge Juan.
- CEIP Ponte de Xuvia.
- CPR Ayala.
- Colexio Nuestra Señora de Chamorro.
- CEIP Maciñeira (Neda).
En conxunto, está prevista a participación aproximada de 1.200 nenos/as de 3º a 6º de Educación Primaria, que se dividirán en tres grupos dependendo da ruta a seguir, xuntándose todos eles no Paseo Marítimo de Xuvia entorno ás 11:15 horas, onde terá lugar un sorteo de camisetas entre os participantes.