
Hoxe é o Día Internacional do Pobo Xitano.
Ás 12:00 horas, está prevista unha lectura do Manifesto Xitano a cargo do noso alcalde José Manuel Blanco (Alcalde de Narón), Catalina García (Concelleira de Participación Cidadá e Acción Social), representantes da Fundación Secretariado Xitano, e persoas de etnia xitana.
Ao longo de todo o mes imos poder asistir a diferentes actos conmemorativos desta data:
- Hoxe, luns 8 de abril ás 12:00 horas na Praza de Galicia: lectura do Manifesto redactado con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano (adxúntase o documento). Ademáis, lanzaranse ó aire globos coas cores da bandeira xitana (azul, verde e vermello).
- Luns 8 de abril: lectura do Manifesto Xitano nos centros escolares onde cursen estudos rapaces e rapazas de etnia xitana.
- Venres 12 de abril: ás 17:00 horas celebrarase a Cerimonia do Río, en Freixeiro, cun acto floral e a lectura do Manifesto.
- Venres 12 de abril: ás 18:00 horas no Centro de Maiores ‘Manuela Pérez Sequeiros’ se realizará unha convivencia intercultural, e se invitará á degustación do café xitano que elaborarán as propias mulleres.
- Ao longo de todo o mes: Charlas de sensibilización sobre a cultura xitana, en centros escolares de Narón, ó longo deste mes (en datas aínda sen concretar).
Dende o Concello pedíuse respeto por parte da sociedade á cultura xitana e tamén unha maior participación por parte destas mulleres nos cursos de Alfabetización, Hixiene e Economía Doméstica que organiza dende fai anos o Concello de Narón, de outubro a maio.
Ademáis, lembraron a todos que se mantén un acordo de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano para promover a integración das persoas desta etnia na sociedade.
Con estes actos, pretenden que todos e todas coñezamos e respetemos esta cultura e as súas formas de ser e de estar, respetando ás persoas por ser persoas, non pola etnia á que pertenzan.
Calcúlase que en Narón existen aproximadamente 300 persoas de etnia xitana. Merece a pena non perderse o que esta xente nos pode ofrecer.
Se queredes ler o Manifesto Xitano, podedes descargalo aquí: