NOVAS

82 alumn@s participan en "Habilita 2015" recibindo ensinanzas teóricas e prácticas

Publicado o 27 de Abril de 2015

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, visitaron a semana pasada o Centro Municipal de Formación "Irmáns Froilaz" de A Gándara onde estase a impartir o programa municipal de formación "Habilita 2015".

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, visitaron a semana pasada o Centro Municipal de Formación "Irmáns Froilaz" de A Gándara onde estase a impartir o programa municipal de formación "Habilita 2015".

A quen van dirixidos estes cursos? Os cursos van dirixidos a persoas empadroadas en Narón en situación de desemprego.

Son gratuitos os cursos? Si, os cursos son de carácter gratuíto.

Cantos cursos hai? Existen 5 cursos nos que participan 82 alumn@s en total.

De que son os cursos?

  • Curso preparatorio para a obtención do permiso BPT: Foi un curso de 30 horas de duración que comezou o 14 de abril e finalizou o 24 de abril. Participaron 20 alumnos  que faran o examen en Tráfico a última semana de abril. O Concello financia o exame psicotécnico e as taxas correspondentes. Farase unha segunda edición dese curso do 13 ó 26 de maio, para outros 20 alumnos.
  • Curso de prevención de riscos laborais: Foi un curso de 60 horas na que asistiron 20 alumn@s. Fixéronse dúas quendas, a primeira foi do 17 de marzo ó 6 de abril e a segunda foi do 8 ó 23 de abril.
  • Curso de cociña básica para hostalaría: É un curso de 250 horas na que asisten 12 alumnos. Terán 100 horas de prácticas profesionais non laborais en empresas, ademais dos módulos de orientación laboral , hixiene alimentaria e prevencón de riscos laborais. O curso comezou o 23 de marzo e acabará o 5 de xuño.
  • Curso de Fontanería básica:  É un curso de 300 horas no que participan 15 alumnos. O curso consta dunha parte teórico-práctica no taller, un módulo de prevención de riscos laborais de 60 horas e outro de orientación profesional de 10 horas.
  • Curso de Peixeiro/a: É un curso de 300 con 15 alumnos. Están a facer a formación práctica en peixarías e nas seccións de supermercados. Antes adquiriron coñecementos de hixiene alimentaria e prevención de riscos laborais. Realizarán tamén os módulos de cociñado de peixes e mariscos e de orientación profesional.

 

Realízase algún curso máis? Estanse a realizar tamén dous cursos de Inglés (orientados a empregos administrativos e á atención ó público) nos que participan 19 alumnos.

Cando finalizan estes cursos? Rematan o 2 de xuño.

Onde se estan impartindo? No municipio de Narón

A quen vai dirixido? A persoas desempregadas de Narón.

O programa "Habilita 2015" inclúe algún curso máis? Si, este programa engade tres cursos máis de formación que son os seguintes:

  1. Curso "Falemos de negocios": Consta de 70 horas e conta con 15 alumnos con idea de negocio. Comezou o día 23 de abril e inclúe marketing nas redes sociais e posta en marcha de negocios on-line.
  2. Curso de Conversación en Inglés: Consta de 80 horas e contará con dous grupos de 10 alumn@s cada un. O curso comezará o 4 de maio.
  3. Curso de Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos: Consta de 5 horas e faranse tres edicións. O número de alumnos serán 20 por cada edición que se realizarán o 5,7 e 12 de maio.