NOVAS

Aberto o prazo de inscrición do Curso de Socorrista Acuático Profesional

Publicado o 02 de Febreiro de 2012

Os interesados poden informarse e realizar a matrícula no Rexistro Xeral do Concello, ata o venres 10 de febreiro. A cota da mesma é de 500 euros, aínda que para o alumnado da Universidade da Coruña e para as persoas empadroadas no Concello de Narón a cota é de 340 euros. 

O Concello de Narón abre o prazo de inscrición para matricularse no Curso de Socorrista Acuático Profesional organizado pola Fundación Universidade de A Coruña (a través do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da UDC) en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón.

Os interesados poden informarse e realizar a matrícula no Rexistro Xeral do Concello, ata o venres 10 de febreiro. A cota da mesma é de 500 euros, aínda que para o alumnado da Universidade da Coruña e para as persoas empadroadas no Concello de Narón a cota é de 340 euros.

As clases darán comezo o 17 de febreiro de 2012 e rematarán o 1 de abril de 2012, impartíndose os fins de semana (venres pola tarde, e sábado e domingo mañá e tarde). A carga lectiva presencial é de 120 horas, e as prácticas realizaranse na piscina municipal de A Gándara e nas praias dos municipios de Ferrol e Valdoviño.

Os contidos do curso son os seguintes: natación, primeiros auxilios, prevención de accidentes en instalacións acuáticas, rescate de accidentados no medio acuático, prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais, e rescate de accidentados en espazos acuáticos naturais.

Para realizar o curso é imprescindible que o número de inscritos sexa como mínimo de 20 persoas.