NOVAS

Aberto o prazo de inscrición dunha nova andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós”

Publicado o 03 de Novembro de 2016

Desde o 2 de novembro aquelas persoas que queirades participar na segunda andaina do programa municipal "Ponte en ruta con nós", que se celebrará o 27 de novembro, podedes facer a inscrición nas instalacións do Pavillón de Deportes da Gándara, en horario de 09:30 a 13:00 horas e de 16:30 a 18:30 horas.

Desta vez o percorrido realizarase entre Covas e Cabo Prior, no municipio de Ferrol, nun tramo arredor de 14 quilómetros no que se poderán disfrutar da paixase da zona. Os camiñantes realizarán unha parada para un avituallamiento.

Este evento está organizado polo Padroado de Deportes de Narón e a empresa Arasti Barca, os cales vos animan a que participedes nesta práctica deportiva ao aire libre.

Requisitos para poder participar:

  • Día da andaina: 27 de novembro.
  • Idade: Ter máis de 18 anos. Os menores teñen que ir acompañados dun adulto.
  • Prezo: 3 euros, para cubrir o desprazamentos en autobús desde o pavillón da Gándara ata Covas, ida e volta.

Durante o percorrido estarase acompañados polo persoal de Protección Civil.

A ter en conta:

  1. No caso de que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) decrete alerta laranxa ou vermella suspenderase a actividade.