NOVAS

Aberto o prazo de inscrición na actividade infantil E ti, que representas? que se celebrará na Biblioteca municipal

Publicado o 03 de Abril de 2019

As nenas e nenos a partir de catro anos que queiran asistir o vindeiro sábado, día 6, a unha proposta de xogos teatrais que terá lugar na Biblioteca municipal poden anotarse dende esta tarde, ás 16.00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao número de teléfono 981 382 173

E ti, que representas? é o título desta actividade, enmarcada no programa de conmemoración do Día internacional do libro, que inclúe varias actividades na Biblioteca municipal e nas Axencias de lectura da Solaina e A Gándara. 

A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicou que esta actividade, que dará comezo ás 11.00 horas, axudará aos nenos e nenas a expresar as súas emocións dun xeito divertido. Terán a oportunidade de representar diferentes escenarios utilizando o xogo e tamén varios obxectos, co que a maiores se fomentará o traballo en equipo. 

Taibo animou ás familias a inscribir aos nenos e nenas aos que se dirixe esta actividade e recordou que para poder participar é preciso que teñan o carné da Rede de Bibliotecas e ningunha sanción pendente.