NOVAS

Aberto o prazo de inscrición na “II BTT Resistencia Cidade de Narón”

Publicado o 26 de Decembro de 2022
“II BTT Resistencia Cidade de Narón”

As persoas que o desexen poden xa inscribirse na segunda edición da “BTT Cidade de Narón” que terá lugar o vindeiro 15 de xaneiro.

O Concello organiza a convocatoria xunto co Club Ciclista Narón e a Federación Galega e Ciclismo. O edil de Deportes, José Oreona, indicou que as inscricións se deben tramitar a través da web: https://fgalegaciclismo.es.

A proba terá lugar na parroquia de Pedroso, con saída e meta na pista polideportiva e onde os participantes realizarán un circuíto circular dun total de oito quilómetros. As categorías establecidas son as de élite, élite feminino, junior, junior feminino, master 30, 40, 50 e 60, tamén masculino e feminino, parellas masculino e feminino, parellas mix, sub 23 e sub 23 feminino. Gañarán nas diferentes modalidades as persoas que dean máis voltas ao circuíto no tempo establecido, unha hora e media para as categorías inferiores e tres para o resto.

Este evento deportivo incluirase por primeira vez na Copa Galicia, formando parte das cinco puntuables que se sucederán en 2023 na comunidade autónoma.