O concelleiro de Deportes, Román Romero, presentou o día 09 de novembro este evento encadrado no circuíto estatal das "Carreiras Solidarias Santander" acompañado por tres directores de sucursais do Banco Santander en Narón: Santiago García-Ciaño, Silvia Míguez e Lidia Martínez. Colaboran no patrocinio o Padroado de Deportes e a Cruz Vermella.
"1, 2, 3 a correr. Corre connosco e deixa a túa pegada solidaria" é o lema desta convocatoria.
Celebrarase por varías rúas dá zona urbana o día 27 de novembro.
Información sobre a carreira:
- Adultos:
- Saída: 11:00 horas.
- Lugar: Rúa 10 de Marzo (saída e meta).
- Distancia: 5 quilómetros.
- Infantís (de 4 a 15 anos):
- Saída: 12:00 horas.
- Lugar: Rúa 10 de Marzo (saída e meta).
- Distancias: De 900 e 300 metros.
Que debedes facer para poder participar nesta carreira?
- Inscricións: Ata o 25 de novembro na plataforma online: www.123acorrer.es
- Ou o mesmo día da carreira, 27 de novembro, de 09:00 a 10:00 horas na carpa do Banco Santander que se instalará na rúa 10 de Marzo.
- Prezo adultos:
- 13 euros con camiseta.
- 8 euros sen camiseta.
- Prezo infantís:
- 1 euro.
A entrega dos dorsais e da bolsa dos corredores terá lugar na carpa do Banco Santander o propio 27 de novembro de 09:00 a 11:00 horas. Repartiranse medallas para todos os participantes das categorías infantís.
Das cotas de inscricións destinaranse á Cruz Vermella Asemblea Comarcal de Ferrol 4 euros por cada participante adulto e integramente o euro das categorías infantís. O resto de fondos obtidos destinaranse ao desenvolvemento de proxectos de formación e emprego para persoas desempregadas en cada unha das localidades, segundo informaron desde a organización.
Así que...animádevos e participade!