A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven de abrir o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de Corresponsabilidade para Mulleres. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata que se cubran as prazas.
En que consiste este obradoiro? As participantes aprenderán habelencias básicas para a realización de pequenas reparacións domésticas de bricolaxe. Así, as mulleres aprenderán principios básicos de fontanaría, entrando en contacto con ferramentas e materiais, coñecendo as técnicas xerais para instalacións e almacenamento de augas, tipos e mantemento de billas, entre outras moitas cuestions.
Ademais, as alumnas tamén estudiarán principios básicos de electricidade, útiles e materiais, normas de seguridade e localización de avarías. En canto ao apartado de carpintaría, aquí se lles ensinará ás mulleres ferramentas, materiais e técnicas xerais como as empregadas para cravar, parafusar, serrar, cepillar ou encolar.
Para quen vai destinado? Para 20 mulleres de Narón.
Cales son os obxectivos deste obradoiro?
- Erradicar estereotipos de xénero e avanzar cara a corresponsabilidade.
- Propiciar unha necesaria toma de conciencia sobre a importancia do reparto do tempo no eido doméstico por unha banda, e sobre as causas das desigualdades entre homes e mulleres pola outra
Cando vai ter lugar este obradoiro? 9-10-11 e 16-17-18 de decembro
Lugar? Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros (A Gándara).
En que horario? de 16 a 20 horas
O prezo? É de balde!
Onde presento a solicitude de inscrición? No Rexistro Xeral do Concello en formulario oficial.
Rapazas, queredes máis información? Servizo Sociocomunitario 981337700 ext. 1113
Esta actividade está promovida pola Concellería de Igualdade e subvencionada pola Deputación da Coruña