O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá este verán, do 1 de xullo ao 30 de agosto, o programa ConciliaVerán Manoeliña 2019
Esta iniciativa, para a que xa está aberto o prazo de inscrición, diríxese a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, e concíbese como unha oportunidade de conciliación da vida familiar e laboral.
Os participantes no ConciliaVerán Manoeliña 2019 permanecerán nas instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, entre as 8.30 e as 14.30 horas. Durante este tempo, coa axuda de monitores, practicarán diferentes xogos ao aire libre, realizarán obradoiros de reciclaxe e de cociña, aprenderán xogos populares e tamén asistirán a sesións de robótica e tecnoloxía.
As persoas interesadas en recibir máis información sobre as actividades a desenvolver e as taxas poden facelo chamando ao número de teléfono: 671 383 575 ou escribindo un correo electrónico á dirección: altocastano@domusvi.es.