NOVAS

Aberto o prazo de solicitude de subvencións para clubs e entidades deportivas de ámbito municipal

Publicado o 22 de Agosto de 2019

O Concello de Narón abriu o prazo de solitude de subvencións a clubs e entidades deportivas de ámbito municipal correspondentes ao actual exercicio

O período de presentación será de trinta días naturais –contados dende o sábado 19 de agosto, día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña-. Os clubs e entidades deportivas que soliciten estas subvencións deberán reunir os requisitos esixidos na Ordenanza municipal reguladora da concesión de subvencións e axudas públicas do Concello de Narón –publicada no BOP nº 2 do 3 de xaneiro de 2018-. O importe máximo que o Concello destinará a estas subvencións é de 84500 euros, tal e como recordou o concelleiro de Deportes, José Oreona.

As subvencións, para o desenvolvemento de actividades no ámbito municipal, poden solicitarse a través do Rexistro municipal do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.00.

A documentación correspondente ao procedemento pode consultarse a través da páxina web do Padroado de Deportes de Narón, no enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/subvencions-deportivas