NOVAS

Aberto o prazo para os cursos de lingua galega preparatorios para o CELGA

Publicado o 20 de Xaneiro de 2012

Os interesados poderán matricularse no Concello ata o vindeiro 30 de xaneiro. Para elo, deberán cubrir o impreso de matrícula no Rexistro Xeral Municipal -en horario de 8:30 a 13:30 horas, de luns a venres- e achegar unha fotocopia do DNI.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, integrado na Concellería de Ensino que dirixe Mª del Carmen Espada, mantén aberto o prazo de matrícula para realizar os cursos de lingua galega, preparatorios para a obtención dos títulos Celga 1, 2, 3 e 4.

Os interesados poderán matricularse no Concello ata o vindeiro 30 de xaneiro. Para elo, deberán cubrir o impreso de matrícula no Rexistro Xeral Municipal -en horario de 8:30 a 13:30 horas, de luns a venres- e achegar unha fotocopia do DNI.

Os cursos de lingua galega se impartirán no Centro de Formación Irmáns Froilaz (A Gándara) nos meses de abril e maio, aproximadamente entre o 9 de abril e o 30 de maio –a data de celebración é orientativa posto que é a Xunta quen marca o inicio do curso, e aporta ós docentes que os impartirán-. O horario será de 17:00 a 19:30 horas, de luns a xoves, e terán unha duración de 75 horas por curso, cun límite de 30 prazas en cada un deles. Os exames para a obtención do título Celga se realizarán no mes de xuño.

Os cursos preparatorios son convocados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. O anuncio oficial desta convocatoria foi publicado no DOG do 09 de xaneiro de 2012.