Formas parte dunha asociación?
É o momento de solicitar as axudas municipais para asociacións (excepto as deportivas) e ANPAS. As asociacións do municipio que desexen acollerse á liña de axudas habilitada polo Concello dispoñen de prazo ata o vindeiro 17 de agosto para entregar no Rexistro a documentación pertinente. A finalidade destas axudas é a de contribuír a sufragar os gastos derivados das actividades que realizan ao longo do ano.
Catalina García e Maica Rodríguez, responsable da Escola de Participación Cidadá de Narón, reuníronse o pasado mércores 22 de xullo con representantes das dezaseis entidades de Narón que figuran rexistradas para explicarlles as áreas que se poden beneficiar da convocatoria:
- Medio Ambiente
- Infancia
- Igualdade
- Recuperación do patrimonio
- Outras...
Á convocatoria asistiron tamén a concelleira de Ensino de Narón, Mercedes Taibo, e o edil Alfonso Casal, do Grupo Mixto. Nesta xuntanza houbo representantes das seguintes organizacións:
- AAVV Trasancos (Santa Icía)
- AAVV O Alto
- AAVV Os Irmandiños (O Val)
- AAVV Virxe de Fátima (Freixeiro)
- Anpa O Buxato, do CPI O Feal
- Celeuma
- Xeración
- Asociación Deportiva e Cultural En Forma
- Asociación BBTTA
- Asociación Ledicia Cativa
- Diabéticos Ferrolterra
- Arraigo
- ASCM.
A concelleira de Acción Social explicou aos asistentes ao encontro os criterios de baremación para a concesión destas axudas.
As entidades locais que así o desexen poden informarse na Escola de Participación Cidadá de Narón, ubicada na Casa da Cultura, xunto ao Concello, ata o vindeiro 31 de xullo, sendo preciso concertar cita a través do número de teléfono 629 747 336 (Maica) ou na dirección: escoladeparticipacioncidada@cidadania.coop. Nas oficinas ofrecerase ademais axuda ás persoas que o requiran para cubrir os impresos e solicitar os proxectos aos que se destinarán as axudas, que deberán xustificarse no primeiro trimestre de 2016.