O programa "Habiita II 2014" é unha iniciativa formativa destinada a veciñ@s de Narón maiores de 18 anos. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro 29 de setembro e permanecerá aberta ata o 4 de outubro de 2014.
A presentación de instancias farase no Rexistro Xeral do Concello de Narón:
-
de 8:30 a 13:00 horas os días 29 e 30 de setembro
-
de 8:30 a 13:30 horas a partir do 1 de outubro.
A documentación a presentar é a seguinte: solicitude + fotocopias cotexadas da tarxeta de demandante de emprego e NIF (ou similar). O formulario de solicitudes está dispoñible no Rexistro Xeral.
A selección do alumnado será po rigurosa orde de inscrición, agás o curso de aerografía, que será necesario ademais a realización dunha proba, para ser admitid@.
Na inscrición poderase indicar a orde de preferencia das accións formativas, se hai interese en máis dunha. Esgotadas as prazas nun curso, optaríase a unha segunda opción existindo prazas vacantes.
Precisades máis información?
Información Servizo Sociocomunitario:
-
Ángel Álvarez. Teléfono: 981 337 700 ext. 2602.
-
Ángela Lagoa. Teléfono: 981 337 700 ext. 1123.
-
Montse Garel. Teléfono: 981 337 700 ext. 1107
Os cursos que se ofertan son os seguintes:
Ámbito interprofesional
Denominación |
Lugar |
Núm. alumnos/as |
Núm. de horas |
Núm. de accións |
Horarios e datas previstas |
Prevención de riscos laborais |
Centro municipal de formación “Irmás Froilaz” (A Gándara) |
20 |
60 |
2 |
1ª edición: Do 13 ao 28 de outubro. 2ª edición: Do 29 de outubro ao 13 de novembro. De 9 a 14 horas, L-V |
Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos |
Centro municipal de formación “Irmás Froilaz” (A Gándara) |
20 |
6 |
2 |
1ª edición: 20 de novembro 2ª edición: 21 de novembro De 8 a 14 horas, L-V |
Ámbito de iniciación para o emprendemento
Denominación |
Lugar |
Núm. alumnos/as |
Núm. de horas |
Núm. de accións |
Horarios e datas previstas |
Aerografía* (necesidade de superar unha proba) |
Escola de artes e oficios Avatar (Pg. Río do Pozo) |
10 |
60 |
1 |
Do 13 de outubro ao 7 de novembro. De 10:30 a 13:30 horas, L-V. |
* Será necesario superar unha proba prevista inicialmente, para os días 8 e 9 de outubro, no centro municipal de formación “Irmás Froilaz” (A Gándara)