NOVAS

Ábrese o prazo de inscrición para o programa PROMEDEX de actividades extraescolares

Publicado o 13 de Setembro de 2016

Mañá, mércores día 14 de setembro de 2016, ábrese o prazo de inscrición no programa de actividades extraescolares do Concello de Narón PROMEDEX.

  1. QUE É? Un programa de reforzo educativo de diferentes áreas: idiomas,números e letras, novas tecnoloxías e educación familiar.
  2. A QUEN? Este programa vai dirixido ao alumnado de centros educativos públicos de Narón e familias con fillas/os escolarizadas/os en centros públicos.
  3. LUGAR E PRAZO DE MATRÍCULA? No Rexistro de Entrada do concello dende o 14 de setembro ata esgotar prazas.
  4. QUE OBRADOIROS INCLÚE? Iniciación á lingua inglesa, programación e robótica educativa,...

Se precisas máis información contacta coa OMIX:

 

  1. Descarga os impresos de solicitude e o folleto para consultar a información completa:

 

   
Documento Tamaño
SOC22_Actividades_Extraescolares.pdf 172.59 KB
PROMEDEX.pdf 161.53 KB