Ide preparando o peto! A ver que tesouros atopamos!
Seguimos coas feiras de 2ª man! Desta volta temos unha cita na Biblioteca Municipal do Alto do 21 ao 25 de abril. Trátase da II Feira-Mostra do Libro Usado e de 2ª Man.
O vindeiro sábado 29 de marzo ábrese o prazo para participar como vendedor/a nesta feira. A inscrición permanecerá aberta ata o 14 de abril. luns, e aquelas persoas interesadas deberán presentar a correspondente instancia no Rexistro Xeral do Concello.
Ollo! Hai 10 postos dispoñibles! Vanse adxudicar por riguroso orde de entrada no Rexistro. A organización cederá unha mesa de 90x140 cms e tres cadeiras a cada usuario.
A feira desenvolverase na pranta baixa da Biblioteca en horario de 17 a 20 horas.
Quen pode participar? Para poder solicitar un posto é imprescindible cumprir estes requisitos:
- Estar dado de alta como usuario/a da rede bibliotecaria municipal o día de apertura do prazo de solicitude.
- Non estar vinculado ó mundo editorial, distribuidor o libreiro, nin a actividade económica de compra-venda.
- Dispoñer dun mínimo de 25 exemplares e un máximo de 100 para a venda.
A II Feira-Mostra do Libro Usado e de 2ª Man ten como obxectivos:
- facilitar un punto de encontro dos usuarios da Biblioteca con outros lectores, para a venda ou troco de materiais bibliográficos, favorecendo así o intercambio cultural
- difundir a función da biblioteca coma axente promotor das actividades culturais, sobre todo as relacionadas co libro e a cultura.
Ide preparando o peto! A ver que tesouros atopamos!