II Plan Municipal de Igualdade
Destinatarias: Mulleres desempregadas de Narón, maiores de 18 anos.
Instancias: Solicitude e fotocopia do D.N.I.
Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello de Narón, de 08:30 a 13:30h.
Prazo de solicitude: dende o 26 ata o 30 de xaneiro.
Formulario de solicitude: dispoñible no Rexistro Xeral.
Selección das alumnas: Por rigurosa orde de inscrición.
Contido dos cursos
Igualdade por medio da educación: competencias básicas en comunicación lingüística, matemáticas, coñecemento e interacción co mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia cultural e artística, aprender a aprender, social e cívica e sentido da iniciativa.
Confección: a máquina de coser, uso da máquina de coser, coidado e aproveitamento de materiais, confección de patróns, técnicas de costura e patronaxe, cortado de pezas de roupa, mangas, pescozos e petos, hilvanar, probas de pezas, remates a man, prenachado, bordado a man e pachtwork e punto iugoslavo e niño de abella.
Organización e xestión familiar: xestión económica, alimentación, xestión do tempo, organización do traballo e desenvolvemento de roles familiares.
- Avisarase por teléfono do día do comezo do curso.
Para máis información: Servizo Sociocomunitario 981337700 ext. 1113 e 1115
Concellería de Igualdade.