A partir do día 16 de setembro de 2016, pódese presentar a solicitude de axudas para a adquisición de material didáctico e escolar para o curso 2016-2017. O Concello de Narón reservou un total de 24.790 euros para estas subvencións.
Onde se solicitan? Pódense solicitar no Rexistro municipal nun prazo de quince días naturais, contados a partir do 16.
Que documentación hai que presentar? Hai que presentar o documento que achegamos ao pé da nova.
Quen pode solicitar as axudas? Poden solicitar estas axudas para material escolar:
- Aquelas familias empadroadas en Narón, cunha antigüidade mínima de 6 meses, con fillos/as escolarizadas/os en 2º ciclo de educación Infantil, educación Primaria, ESO, Bacharelato, Formación Profesional de Ciclos medios, Educación Secundaria de adultos e centros de Educación Especial.
- Aquelas familias con fillos e fillas escolarizados en centros de fóra do municipio por prescripción da Comisión de Escolarización ou da Inspección de Educación e o alumnado de FP ou Bacharelato con modalidades que non se oferten en Narón.
Cal é o importe das axudas? O importe a recibir é de 60 euros en educación Infantil; de 70 euros en Primaria; 90 euros en Secundaria; 180 euros para Bacharelato e Formación Profesional (Ciclos medios) e 150 euros para Centros de Educación Especial.
Aproveitemos esta oportunidade!