NOVAS

Actividades da biblioteca no mes de setembro

Publicado o 17 de Setembro de 2013

Gústavos a nosa Biblioteca Municipal? A nós si!

Este mes de setembro están organizando varias actividades para fomentar a lectura.

O venres pasado tiveron lugar as dúas sesións da 5ª Xuntanza do Servizo de Orientación de Lectura ás Familias (SOLF). Esta actividade consistíu na presentación ás familias das novidades literarias infantís máis destacables do último trimestre do 2013. Tamén se compartiron experiencias de lectura e se presentaron as actividades programadas dende a Biblioteca Municipal do Alto.

Dentro desta programación imos ter:

  • Sábado 21 de setembro (de 11:00 a 11:30 horas): Contacontos para bebés de 0 a 18 meses. Para asistir é imprescindible reservar praza –a partires do luns 16 ás 16:00 horas, de xeito presencial ou telefónico-. Hai un límite de 15 prazas para bebés acompañados dun único adulto/a pola complexidade da actividade.

 

  • Sábado 28 de setembro (de 11:00 a 12:00 horas): Contacontos “Antía, Wamba e o regato pequeno” a cargo da compañía “A tropa de trapo”. Contos con música para público familiar, pero especialmente dirixido a nenos/as entre 8 e 10 anos. Imprescindible reservar praza a partir do luns 23 ás 16:00 horas.

 

  • Do 16 ao 28 de setembro: Exposición "Coidando o noso mar" cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). O horario desta exposición é o mesmo da Biblioteca e está instalada na pranta baixa da mesma. Trátase de 5 paneis nos que se poden contemplar o valor natural e a fraxilidade dos ecosistemas mariños, tendo en conta a incidencia das actividades humanas e os resíduos que estas xeran. A través destes paneis, descúbrense as problemáticas causadas polos patróns de consumo cotiá e que afectan ao litoral, co obxectivo de que a poboación incremente o nivel de respecto e estima cara a el.