NOVAS

Actos de celebración polo Día de Narón: 23 de novembro

Publicado o 19 de Novembro de 2014

Día de Narón, o vindeiro domingo día 23 de Novembro.

Xa está listo o programa de actos para o Día de Narón, o vindeiro domingo día 23 de Novembro. Todas as actividades programadas desenvolveranse baixo unha carpa instalada na Praza de Galicia e terán un prezo de 0 euros! Non temos excusa!

 

  • 11:00 horas: Apertura e exposición de actividades e traballos realizados por diferentes asoaciaciòns durante este ano
  • 12:00 horas: Actuación dos grupos de baile e gaitas do Padroado de Cultura de Narón
  • 13:00 horas: Sesión vermú co grupo Pasión (Quedamos para bailar unhas pezas?)
  • 17:30 horas: Continuación de festa de novo co grupo Pasión
  • Durante toda a xornada: Degustación de produtos típicos, inchables e obradoiros para nen@s (maquillaxe, globoflexia,etc...)

 

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, convidou a toda a cidadanía a participar desta celebración, que este ano cumpre o seu 21º aniversario posto que foi no ano 1993 cando se acordou establecer unha festividade propia para o municipio. Este ano o 23 de Novembro cobra unha importancia especial, posto que Narón ten acadado xa a cifra de 40.000 habitantes, consolidándose así como a oitava cidade galega.