Homenaje á Muller do Ano 2017
O Concello de Narón inclúe na programación de actos polo Día Internacional das Mulleres as seguintes actividades:
- Día 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres. A homenaxe á Muller do Ano 2017 (que aínda non sabe que vai ser Muller do Ano!!) dará comezo ás 12.00 horas no Consistorio. Á noite, haberá que ir dar unha voltiña polo Pazo da Cultura porque vai estar iluminado de cor malva. Moi chulo!!
- Día 9 de marzo. Na Biblioteca municipal teremos a presentación do libro “Machismos: de micro nada”, a partir das 19.00 horas. Trátase dunha publicación xa editada por Embora e escrita por Fiadeiras, un colectivo de mulleres “bravas”, pertencentes ao Grupo de Traballo en Igualdade do Ceesg (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia). Este acto é aberto a toda a cidadanía pero especialmente dirixido aos centros de ensino aos que se lles enviará un libro para que poidan traballar con esta temática co seu alumnado.
- Día 10 de marzo. Hoxe hai a tradicional Cea de Mulleres a partir das 21:30 horas en A Roldana, no polígono de Río do Pozo. Se queres asistir podes facelo, os tickets teñen un prezo de 18 euros e poden adquirirse xa no propio establecemento hostaleiro. O menú? Pizza, empanada, polbo, lacón asado, tarta, café...Tamén haberá unha actuación musical. Nesta Cea das Mulleres tamén se homenaxeará novamente á Muller do Ano de Narón.
- Día 16 de marzo. Desenvolverase no Centro Cívico Social da Gándara un obradoiro informativo, a cargo do Servizo de atención psicolóxica para vítimas de violencia de xénero. Dará comezo ás 18.00 horas e estará aberto á participación da cidadanía en xeral. Sabías que no Concello hai unha nova psicóloga e un punto de atención psicolóxica para que as vítimas que padecen esta lacra poidan recibir a atención que precisen?
Ademais os establecementos comerciais da Asociación de Comerciantes de Narón, o día 8 de marzo repartirán aos clientes coas súas compras unhas bolsas de papel nas que se poderá ler o lema: “Mulleres e homes por igual”.