NOVAS

"Adopta un estranxeiro": a nova campaña da asociación Xeración

Publicado o 18 de Xullo de 2016

En setembro uniránse ao Xeración Team dous voluntarios estranxeiros, en concreto un de Eslovaquía e outro de Polonia.

A asociación Xeración con sede en Narón, no centro cívico social de Piñeiros,  está a desenvolver unha campaña para crear un grupo de mentores que axuden a integrar a dous voluntarios europeos que chegan en setembro a Narón. Interésache participar?

En setembro uniránse ao Xeración Team dous voluntarios estranxeiros, en concreto un de Eslovaquía e outro de Polonia. Estas dúas persoas permanecerán na nosa bisbarra arredor de 9 meses desenvolvendo o seu Servizo de Voluntariado Europeo. A asociación Xeración valora que a adaptación á cultura galega pode ser custosa para alguén vido de tán lonxe, polo que mediante esta campaña queren facerlles o proceso o máis doado posible. 

Para acadar o seu obxectivo precisan a colaboración dos citados mentores. Que requisitos hai que cumprir para ser mentor/a?

 

  • Un mentor/a ten que ser unha persoa activa, cun chisco de tempo, ter capacidade para comunicarse en inglés e con ganas de ser os mellores embaixadores que a nosa bisbarra poida ter. P

 

Cales serán as súas tarefas? Axudar aos voluntarios a integrarse na bisbarra, a descubrila, a gozala...que se sintan como na casa!

Precisas máis información? Visita a web da asociación Xeración: http://xeracion.org/mentores/

Xa o tes claro! Enche o formulario: https://xeracion.typeform.com/to/ifi1eH