No encontro de músicos haberá unha "Masterclass" co guitarrista Pedro Andrea. Entre os grupos inscritos distribuiráse un número limitado de invitacións (ata que se esgoten), para acceder ao encontro "Airiños de Rock&Roll" e ao concerto de LEIVA.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca a Segunda Edición do Encontro de músicos Airiños de Rock&Roll, que se celebrará no Coliseum da Coruña o 12 de maio, e no que dous grupos participantes terán a oportunidade de tocar en directo acompañando a LEIVA de Pereza.
No encontro de músicos haberá unha "Masterclass" co guitarrista Pedro Andrea. Entre os grupos inscritos distribuiráse un número limitado de invitacións (ata que se esgoten), para acceder ao encontro "Airiños de Rock&Roll" e ao concerto de LEIVA.
Entre os asistentes ao encontro sortearánse 15 entradas para acudir ao concerto de Lenny Kravitz.
Ademáis, todas as bandas participantes e asistentes ao encontro serán obsequiadas cun "Curso de inglés online de EF (www.ef.com.es)" e entre as 16 bandas finalistas tamén se sorteará unha viaxe de estudos de idiomas no estraxeiro nun destino EF.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado facilitará un servizo de desprazamento (ida e volta), dende as catro capitais de provincia e escalas, para todos os grupos participantes.
Consulta as bases de participación
Documento | Tamaño |
---|---|
AIRIÑOS DE ROCK&ROLL II Edición 2012.jpg | 1.72 MB |