A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís. As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos
Convocatoria para o curso académico 2017/18: 220 prazas:
- Lugo: Residencia Centro Residencial Xuvenil “LUG”, ofrece 60 plazas para os estudantes, 7 para a mocidade traballadora e 7 para aqueles nenos que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.
- Ourense: Resisdencia Florentino L. Cuevillas, ofrece 45 plazas para os estudantes, 5 para a mocidade traballadora e 5 para aqueles nenos que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.
- Vigo: Residencia Altamar, ofrece 75 plazas para os estudantes, 8 para a mocidade traballadora e 8 para aqueles nenos que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 13 de xullo de 2017.
As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.
Requisitos:
- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.
- Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2017.
- Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
- Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.
- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.
Prezo:
- Habitación dobre: 324 € por residente e mes.
- Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.
Estancia:
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e o 31 de xullo de 2018. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
Máis información no DOG do 13 de xuño de 2017