O Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu o pasado 24 de xaneiro a entrega de diplomas do I Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade, no que participaron os concellos de Narón, Valdoviño e Cedeira.
Noraboa! Un total de 31 alumn@s recolleron o seu título, de mans do Xerente da Mancomunidade, Luis Alcalá, e dos alcaldes de Valdoviño, José Antonio Vigo, e Narón, José Manuel Blanco.
Neste Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade impartíronse dous cursos:
- Xestión de almacén: De 100 horas de duración, desenvolveuse do 4 ó 30 de decembro de 2013, con 20 horas de manexo de carretilla elevadora e prácticas en dúas empresas. Concedéronse 19 diplomas.
- Servizos básicos de restaurante e bar: Con 110 horas de duración, desenvolvido do 2 ó 30 de decembro de 2013, obtendo o alumnado os carnés de manipulación de alimentos para varias especialidades. As prácticas desenvolvéronse nun local de hostelería. Concedéronse 12 diplomas.
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou a importancia que ten na actualidade este tipo de programas, que permiten ofrecer formación a persoas desempregadas e que van máis aló ó continuar co proceso de búsqueda de emprego posterior. De feito, o I Programa Integrado de Emprego ten varias fases e aínda non está finalizado.
O primeiro paso foi a selección de usuari@s deste programa, seguido dun proceso de orientación laboral comprobando os perfís profesionais, sociais e persoais de cada desempregad@.
Ao mesmo tempo, fixéronse tarefas de intermediación laboral, visitando empresas da bisbarra. Ademáis foméntase entre @s alumn@s o autoemprego, informando e asesorando ás persoas interesadas sobre os aspectos relacionados con esta iniciativa laboral.
A achega dos Concellos participantes foi de 5400 €, a Xunta pola súa banda aportou 43700 € a este programa de emprego.