NOVAS

Amantes da arte da pintura! Manuel Carballeira inaugura hoxe no Pazo da Cultura...non o perdas!

Publicado o 30 de Outubro de 2015

A concelleira de Cultura de Narón, Marián Ferreiro, anunciou onte xoves a inauguración, na tarde do hoxe, da exposición “O sentir das miradas”, do pintor galego Manuel Carballeira, no Pazo da Cultura.

A que hora será este evento no Pazo? O acto terá lugar ás oito da tarde.

O pintor, cunha dilatada traxectoria profesional e varios premios no seu haber, entre eles o primeiro do Concurso de Pintura “Cidade de Narón” deste ano, traerá ao Pazo algunhas das súas obras.

Hoxe non podes vir! Non hai problema! A exposición de Manuel Carballeira poderase ver ata o vindeiro 20 de novembro. Hai tempo, pero non te esquezas!