Os interesados poden informarse e realizar a matrícula no Rexistro Xeral do Concello. A cota da mesma é de 400 euros, aínda que para o alumnado da Universidade da Coruña e para as persoas empadroadas no Concello de Narón a cota é de 340 euros.
O Padroado de Deportes do Concello de Narón ven de ampliar o prazo de inscrición para o Curso de Socorrista en Instalacións Acuáticas e en espazos Acuáticos Naturais, ata o vindeiro venres 17 de febreiro. Deste xeito, o inicio do curso fíxase para unha semana máis tarde do establecido inicialmente, é dicir, para o fin de semana do 24—25 e 26 de febreiro.
Os interesados poden informarse e realizar a matrícula no Rexistro Xeral do Concello. A cota da mesma é de 400 euros, aínda que para o alumnado da Universidade da Coruña e para as persoas empadroadas no Concello de Narón a cota é de 340 euros.
O título que obterán os que superen con éxito este curso de socorrismo está certificado pola Universidade da Coruña, e o Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da UDC, o que avala a calidade do mesmo. Ademáis, será impartido por profesores do máis alto nivel, sendo doctores na materia e licenciados en INEF expertos en socorrismo.
Este curso, do que agora se convoca a 3ª edición, ten acadado unha inserción profesional do 100% dos seus alumnos/as das dúas anteriores convocatorias.