O CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas
Configurado mediante distintos niveis de lingua, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos:
- Lingua e comunicación: funcións comunicativas,
- Lingua e sistema: coñecemento do código
- Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais.
Existen cinco niveis, do CELGA1 ao CELGA5 en función da dificultade. A súa utilidade non é outra que certificar o coñecemento de galego a efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos.
Este ano, a convocatoria realizarase de forma conxunta entre os concellos de Fene, Mugardos e Narón, acollendo cada un deles un nivel deste curso.
En Narón impartirase o Celga 2, entre os meses de abril e maio, as datas exactas están por determinar.
O prazo de inscrición permanece aberto no Rexistro Xeral do Concello de Narón ata o día 19 de febreiro.
Este curso está aberto á cidadanía de toda a comarca.
Bulide!