Ollo, xente deportistas de Narón que seguides DMTK! O luns ábrese o prazo de inscrición nas Escolas de Natación e nas actividades de ximnasio! Men sana in corpore sano!
A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, ven de informar da apertura do prazo de inscrición para as Escolas Deportivas de Natación, e as actividades deportivas que se desenvolven no Pavillón de A Gándara.
Cando se abre o prazo? O prazo abrirase o vindeiro luns 8 de setembro para os usuarios empadroados en Narón.
Haberá diferentes niveis? Si. Ofértanse diferentes grupos: nenos/as, adultos, matronatación, e natación para usuarios con diversidade funcional.
Tamén se abrirá a matrícula para as actividades de:
- Ioga
- Ximnasia de Mantemento
- Pilates
- Musculación.
É o mesmo prazo? Ó igual que no caso das escolas de natación, o prazo está aberto para veciños/as de Narón.
E para a xentiña que non é de Narón, pero que sabe onde están as cousas boas, cal é prazo? Para o resto de usuarios, o prazo se abrirá do 15 de setembro en adiante.
Onde temos que ir a inscribirnos? As inscricións poden formalizarse nas oficinas do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara, de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas. Para máis información, pódese chamar ó teléfono 981 38 75 22 (extensión 2503).