Deportistas de Dameuntoke!
Deportistas de Dameuntoke! Se vos gusta o balonmán debedes saber que o Concello de Narón segue contando co Club Balonmán Narón para o fomento desta disciplina deportiva no noso Concello.
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco e o presidente do Club Balonmán Narón, José Oreona Bra, asinaron o pasado 21 de xuño o convenio de colaboración entre estas dúas entidades durante o 2013.
A achega do Concello derá de 8000 euros para que o club poida desenvolver actividades relacionadas co Balonmán. A práctica deste deporte terá lugar nos pavillóns de A Gándara e no Campo da Serra, en Santa Icía.
Narón aposta polo deporte!