NOVAS

A Asociación de Jóvenes Empresarios organiza unha xornada de Networking coa colaboración do Concello de Narón

Publicado o 20 de Outubro de 2017

O Concello de Narón colabora coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) nun novo encontro entre empresarios, emprendedores e autónomos que se celebrará o vindeiro 27 de outubro no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros.

  1. Estás interesado/a en participar? Anótate de balde ata o mércores día 25 a través do correo electrónico: info@ajeferrolterra.org ou chamando ao número de teléfono 981 333 322.

 

A programación desenvolverase en horario de mañá, acreditándose os participantes entre as 9.00 e as 9.15 horas e comezando a xornada de Networking ás 9.15, ata as 10.15. A continuación haberá unha pausa para o café para retomar a sesión de Networking de 10.45 a 11.30.

Nestas xornadas participan arredor de medio cento de empresarios, tal e como indicaron desde AJE, que a través destas dinámicas, indican, establecen contactos con outros empresarios, xerando negocio e sinerxias entre eles.

Os participantes poden estar vencellados a calquera tipo de sector, ao tratarse dun encontro multisectorial, tal e como subliñaron desde a organización.