Tes inquedanzas en relación co medioambiente? Estás preocupad@ polos espazos naturais do municipio?
Se a túa resposta é afirmativa, tes que coñecer unha asociación que temos traballando en Narón: a Asociación Xuvenil de Tempo Libre Croio. Esta entidade desenvolve actividades de promoción, formación e ocio da xuventude, especialmente no medio natural. Os seus socios tratan de difundir á mocidade valores que favorezan o coñecemento, o respecto e o amor á natureza.
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o representante de Croio, David Corral, asinaron o pasado 24 de xullo un convenio de colaboración para a realización de actividades medio ambientais, encamiñadas á recuperación e conservación de espazos naturais ubicados no municipio. En virtude deste acordo, a entidade desenvolverá en colaboración coa Concellería de Medioambiente, un programa baseado nas seguintes accións:
- Limpeza popular das beiras do Río Xuvia, implicando para elo ó maior número de moz@s posible.
- Campaña de “Aniñamento”: consistente na fabricación de medio cento de caixas aniñadeiras para paxaros de pequeño tamano, colocándoas nas zonas de fraga autóctona de Narón.
- Sementado e plantación de árbores de pouca presenza no municipio (coma gniko, acacia amarela, acacia de tres espiñas, choiva de ouro, cornello de frol, árbore do coral, aciñeiras…)
- Inventario de árbores singulares de Narón.
Croio aportará os medios humanos e materiais para dar cobertura a estas accións, e o Concello dará soporte económico, cunha achega de 2.000€ destinados a este fin.