O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente do Club Narón Radio Control (R.C.), Manuel Cendán, asinaron un convenio de colaboración a práctica do Automodelismo, cunha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2014). Na firma do documento tamén estivo presente a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida.
Este convenio non é económico senón que o Concello vai colaborar con esta entidade cedéndolles as instalacións do Circuito de Automodelismo de Río do Pozo, para que este club poida desenvolver a súa actividade.
Sabedes que en Narón temos automodelismo polo menos dende o ano 2007? Dende ese ano o RC Narón está practicando este deporte no concello, e organiza de xeito anual o Trofeo Cidade de Narón de Automodelismo.
Onde podedes atopalos? O Concello cédelle o Circuito de Río do Pozo co seguinte horario:
- os martes e venres de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:30 horas,
- os sábados de 16:00 a 20:15 horas
- os domingos de 10:00 a 13:00 horas.
O Club abre as instalacións para uso libre daquelas persoas interesadas na práctica desta actividade os venres e sábados, en horario de mañá e tarde.