NOVAS

Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios convoca 13 bolsas de formación

Publicado o 25 de Maio de 2015

Boas novas rapazada! Tedes estudios relacionados con Farmacia, Mediciña, Veterinaria, Bioloxía, Química, Dereito, Economía, ou Administración e Dirección de Empresas?

Si? Pois tedes 13 bolsas convocadas pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios agardando a que enviedes a solicitude!

  1. Formación relacionada coa Coordinación de Procedementos Centralizados de Medicamentos: Licenciado/Grao en Farmacia.
  2. Formación relacionada coa Avaliación Clínica de Medicamentos: Licenciado/Grao en Medicina ou Farmacia.
  3. Formación relacionada cos Procedementos de Rexistro de Medicamentos: Licenciado/Grao en Farmacia.
  4. Formación relacionada co Estudo e Investigación Clínica da Seguridade dos Medicamentos: Licenciado/Grao en Medicina ou Farmacia.
  5. Formación relacionada co Estudo e Investigación Clínica da Eficacia dos Medicamentos: Veterinarios: licenciado/grao en veterinaria.
  6. Formación relacionada coa Farmacovigilancia Veterinaria e as súas alertas: Licenciado/Grao en Farmacia.
  7. Formación relacionada coa Inspección e o Control Farmacéutico: Licenciado/Grao en Farmacia.
  8. Formación relacionada coa Inspección e control Farmacéutico en Medicamentos Ilegais: Licenciado/Grao en Farmacia.
  9. Formación relacionada cos Procedementos de Avaliación, Investigación e Control de Produtos Sanitarios: Licenciado/Grao en Farmacia, en Medicina ou en Bioloxía.
  10. Formación relacionada cos Procedementos de Avaliación, Investigación e Control de Cosméticos e Produtos de Coidado Persoal: Licenciado/Grao en Farmacia, Bioloxía ou Química.
  11. Formación xurídica relacionada coa lexislación vixente no ámbito de Medicamentos e de Produtos Sanitarios: Licenciado/Grao en Dereito
  12. Formación xurídica relacionada coa lexislación vixente en materia de taxas, proxectos normativos e contabilidade da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios: Licenciado/Grao en Dereito, Economía, ou Administración e Dirección de Empresas.
  13. Formación xurídica relacionada coa lexislación vixente en materia de xestión económico-administrativa da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios: Licenciado/Grao en Dereito.


Como condición para poder solicitar estas axudas tedes que ter obtido a titulación no ano 2010 ou posteriores.

  • Cada bolsa será por importe mensual de 1.669,63 €.
  • Podedes presentar as solicitudes ata o 17 de xuño de 2015.

 

Se queredes obter máis información podedes consultar o BOE do 25 de maio de 2015 e visitar a web:  http://www.aemps.gob.es