Sabíades que a Consellería de Traballo e Benestar convoca subvencións para o financiamento da formación asociada aos contratos de formación e aprendizaxe?
- Entidades beneficiarias:
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas que contratasen traballadores baixo a modalidade do contrato para a formación e a aprendizaxe no ano 2013, e no ano 2014 con anterioridade ao 15 de xuño, cunha dedicación ao tempo de formación que exceda o 25 % da xornada laboral efectiva do traballador.
- Requisitos da contratación:
O contrato para a formación e a aprendizaxe deberá facerse a traballadores de máis de 16 anos e de menos de 30 anos, que carezan da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de Formación Profesional para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto ou ocupación obxecto do contrato.
Canto pode durar este contrato? A duración mínima do contrato será dun ano e a máxima de tres.
As empresas terán de prazo para presentar as solicitudes ata o o15 de xuño de 2014.
Onde poden facer estes trámites? As solicitudes poden tramitarse en: https://sede.xunta.esco procedemento TR301Q
Queredes máis información? A tedes no DOG do 10 de xaneiro de 2014 e en: http://traballo.xunta.es