NOVAS

Axudas do Injuve para a Creación

Publicado o 27 de Abril de 2015

Axudas do Injuve para a Creación

Qué convoca? Convoca axudas económicas para favorecer o traballo de mozos creadores.

Quén as convoca? O Instituto de Xuventude (Injuve)

Con qué finalidade? Coa de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción  e a difusión da súa obra mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o 2016

En qué ámbitos? No das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e ilustración.

Con que proxección? Con proxección suprautonómica, acional ou internacional.

Que liñas de actuación existen? Existen catro liñas de actuación que son:

  • Producción de obra: admitiranse proxectos realizados libremente nos ámbitos anteriormente citados.
  • Mobilidade de obra producida e/ou creadores: Admitiranse,proxectos de participación, xiras, ou residencia, que non teñan por obxecto cursar estudos regulados ou a obtención de titulación académica, en espazos especializados e acordes coa actividade para a que se solicita a axuda, situados fóra da Comunidade Autónoma de residencia, en ámbito nacional ou internacional, sendo imprescindible achegar carta de convite á participación ou aceptación, segundo o caso, asinada pola persoa responsable do evento ou espazo para o que se solicita a axuda.
  • Emprendemento en espazos emerxentes de creación nova: Admitiranse proxectos de actividades puntuais e acoutados no tempo, que no signifiquen unha programación anual completa, a desenvolver en espazos xa existentes e que iniciasen a súa actividade.
  • Sala "Amadís" do Instituto da Xuventude: Admitiranse proxectos de comisariado de exposicións, obradoiros de traballo, ou outras actividades de creación emerxente a desenvolver en agrupación ou colectivo na sala.

Qué requisitos necesitamos cumprir?

  1. Mozos e mozas de nacionalidade Española e todas aquelas con residencia legal en España.
  2. Con menos ou con 30 anos de idade nas dúas primeiras liñas de actuación o día 31 de decembro do ano 2015.
  3. Con menos ou con 35 anos de idade nas dúas últimas liñas de actuación o día 31 de decembro do ano 2015.

Que contía se recibe en cada caso? A contía individualizada das axudas non poderá superar:

  • O importe de 6.000 € nas dúas primeiras liñas de actuación.
  • O importe de 10.000 € nas últimas liñas de actuación.

Que parte deberá representar do proxecto? Deberá representar como mínimo o 75% do custo total do proxecto.

Ata cando está aberto o prazo de solicitudes? Estará aberto ata o 18 de maio de 2015

Onde podo ter máis información? No BOE do 27 de abril do 2015 ou en www.injuve.es