NOVAS

Axudas económicas para a formación práctica en empresas

Publicado o 02 de Xuño de 2015

A Consellería de Educación convoca axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT)

Qué modalidades existen? Existen dúas modalidades:

  1. Modalidade A: Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, enseinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio español.
  2. Modalidade B: Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.

Qué requisitos se necesitan para pedir a axuda?

  • Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao medio e superior de formación profesional inicial, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial.
  • O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2015.

Cando se poden presentar as solicitudes? Existen dous plazos:

  1. Primer plazo: 19 de xuño para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2014- marzo 2015, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril- xuño de 2015. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2015. Tamén se acollerá a este prazo o alumnado matriculado no primeiro curso do réxime ordinario ou no segundo curso do réxime integrado dun programa de cualificación profesional inicial no curso 2014/15.
  2. Segundo prazo: Será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2015, para o alumnado de ciclos formativos a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2015 e o alumnado matriculado nun programa de cualificación profesional inicial que realice a FCT no período extraordinario de setembro de 2015. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2015.

Onde se poden tramitar as solicitudes? Na páxina https://sede.xunta.es