A Consellería de Educación convoca axudas para realizar as actividades de formación lingüística en Galicia, durante o ano 2014, dirixidas á mellora das competencias en inglés do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos, na mesma comunidade.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2014.
Requisitos:
- Estar cursando, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2013/14, na Comunidade Autónoma de Galicia, algún dos seguintes cursos: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, 1º ou 2º de bacharelato.
- Ter superadas todas as áreas, materias ou módulos no curso 2012/13.
- Ter acadado no curso 2012/13 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, na área ou materia de lingua inglesa.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de abril de 2014.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procemento ED504B
Máis información no DOG do 27 de marzo de 2014 e en http://www.edu.xunta.es/axudasle