O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas á mocidade para a adquisición de vivenda nos centros históricos
A contía da axuda para a adquisición de vivenda será de ata 12.800 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas nos municipios da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, e de 10.800 euros, no caso de vivendas adquiridas en calquera outro municipio. As axudas terán o límite do 20 % do prezo de venda, o cal non incluirá os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
Consulta os requisitos para poder solicitalas no seguinte enlace: