NOVAS

Axudas á mocidade para a compra de vivenda

Publicado o 11 de Xaneiro de 2019

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas á mocidade para a compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantes

Requisitos das persoas beneficiarias:

Mocidade entre 18 e 35 anos na data de presentación da solicitude e que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
  2. Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM.

(Consulta os requisitos completos no enlace ó final da nota)

Requisitos da vivenda:

  1. Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes. 
  2. Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 100.000 euros.
  3. Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.

(Consulta os requisitos completos no enlace ó final da nota)

 

A contía da axuda para a adquisición será de ata 10.800 euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.

Preme no seguinte enlace para coñecer tódolos requisitos:

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15757-axudas-a-mocidade-para-a-compra-de-vivenda-en-concellos-de-menos-de-5000-habitantes